ASOCIACION DE DISCAPACITADOS FISICOS DE CARBALLIÑO E COMARCA                              
2   1   5   6   4   blog   3  
 
PROGRAMAS
 
 
 
 

PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA

Servizo de Información e Asesoramento

O encargado de levar a cabo este programa é o traballador social da asociación, que responde a todo tipo de cuestións que poidan formularlle persoas con minusvalía, familiares, amigos ou profesionais; socios e non socios.
Dende a asociación informamos e asesoramos sobre os trámites para a consecución do certificado de minusvalía, a tarxeta de aparcadoiro, a exención do imposto de circulación, as axudas individuais non periódicas, axudas técnicas, hoteis, casas rurais adaptadas, sobre as nosas actividades, etc.
Por outra parte, a información solicitada por usuarios ou a remitida dende a asociación leva consigo a realización de trámites.
Outro tipo de información remitida dende esta asociación sería a que se lle envía aos socios sobre axudas, lexislación publicada, cursos, actividades, etc.

Servizo de Rehabilitación

A realización de exercicios de rehabilitación mellora a calidade de vida das persoas con discapacidade, xa que, cun tratamento adecuado e continuado, os síntomas das súas enfermidades se ven mellorados e a deterioración física é atrasada ou inclusive evitada.

 

 

  A  
J
S
F
G
H
K
D
 

 

Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca
Rúa Marcelino Enríquez Parrondo, n.º 27, 4.º A
32500 - O Carballiño
Teléfono/Fax: 988.27.45.37
Presidente: 639.33.44.92
Secretario: 639.33.44.91
Traballadora social: 669.62.85.08
adfcc1@hotmail.com
 
logoxunta
 
© 2007-2008 Akros XIP SNLE