![]() |
||||||||||||||||||
BENVIDA |
||||||||||||||||||
Sempre tiven a ilusión de formar esta asociación na que agora, grazas ao esforzo dos que coma min puxeron o seu grao de area, estamos empezando a camiñar todos xuntos, e queremos que non quedes illado. Co teu esforzo e axuda, axudas a moitos máis que o están necesitando. Queremos ser unha gran familia, onde todos poidamos ter as mesmas oportunidades, tanto no plano social coma no laboral. Entre outras cousas, tamén te asesoraremos en todo aquilo que poida serche de utilidade para as túas necesidades, dende a tramitación de documentos, como o certificado de minusvalía se non o tiveses ou axudas para adaptación da vivenda. Non tes porque quedar fóra, temos sitio para todas aquelas persoas que queiran traballar con nós, só tes que poñerte en contacto con nós e mandarémosche todo tipo de información. Estas letras son o pensamento dunha das nosas compañeiras, Carmen Caíña, que, no seu día, escribiu para todos aqueles que coma ela empezaban a andar coa primeira asociación que se creou no Carballiño hai xa uns 10 anos. Hoxe fágoas miñas para vos dicir a todos e a todas: agora tes unha oportunidade, porque o noso lema e proxecto é ¡Se ti non participas, ninguén o fará por ti! Gerardo Pinto Carreño |
|
|||||||||||||||||
|
Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca Rúa Marcelino Enríquez Parrondo, n.º 27, 4.º A 32500 - O Carballiño Teléfono/Fax: 988.27.45.37 Presidente: 639.33.44.92 Secretario: 639.33.44.91 Traballadora social: 669.62.85.08 adfcc1@hotmail.com |
|||||||||||||||||
© 2007-2008 Akros XIP SNLE |
||||||||||||||||||